Ola. Escriboche para que saibas que non estás soa. Es moi valente, traendo a un novo ser tan pequeniño a este mundo tan acelerado.
Acabas de chegar a un espazo de calma e de apoio.
Para comezar, tes que ter en conta que hai diversos espazos onde podes sentirte apoiada e onde podes recibir información e axuda.
A Consellería de Política Social, os Concellos, os grupos de nais tanto reais coma virtuais están ai agardando saber das túas necesidades, dos teus medos, para darche información e servizos para que a túa tarefa sexa máis doada.
Goza do teu pequerrechiño. Cada segundo conta e o tempo pasa correndo.
Recursos cos que podes contar:
https://www.xunta.gal/es/politica-social
podes atopar diversa información, varia liñas de axuda como a tarxeta benvida,
información sobre os centros educativos de 0 a 3 anos:
https://politicasocial.xunta.gal/es/areas/familia-e-infancia/escuelas-infantiles-0-3
Dirixete tamén ao teu concello para recibir máis información sobre os recursos cos que contan, se prestan servizos de conciliación. Tamén a empresa na que traballas pode contar con algún tipo de recurso ou programa destinado as nais coma ti. Informate.
E non o esquezas que non estás soa.